2007-05-17

Dia das Letras Galegas

Today is a very special day, so please allow me to get a little bit patriotic and endure a bit of multilingualism with braveness and patience... If I get enough requests (or I have some free time) I'll provide an English translation, but the subject is the celebration of Galician culture and language, May 17th is our Day! Thanks!

Hoxe é o Dia das Letras Galegas. Os galegos de todo o mundo celebramos o aniversário da publicación do libro Cantares gallegos da gran autora Rosalia de Castro, en 1863, como cúmio do Rexurdimento da cultura e a língua galegas.

É para poñer-se a pensar, non? Unha língua falada na remota Gallaecia, no fin do mundo (un dos moitos Finis terrae ficou en Fisterra, na galega Costa da Morte), por apenas poucos millóns de persoas, asoballada durante séculos como un triste dialecto pobre do castelán, cando, en realidade, incluso o mais célebre escritor castelán antigo, o rei Afonso X o Sábio (autor ao que se lle adicou o Dia das Letras Galegas en 1980), escrevera en galego as suas Cantigas a Santa Maria: a língua do Camiño de Santiago era a língua dos homes cultos e sofisticados; que ironia!

Tras séculos de persecución, polos de fora, mas tamén polos de dentro, dende os Reis Católicos até o golpista, dictador, galego Francisco Franco Bahamonde, o galego rexurdiu como a revindicación dun pobo pobre mas traballador, loitador, mariñeiro e poético. E tras moitas aventuras chegamos ao punto en que o galego vive, e vive moito, e esperemos que por moito tempo.

Primo pobre do catalán, esquinada língua romance que todos esquecen, falando do dialecto maior, o portugués, produto direito da interacción entre lusitanos, mozárabes e galegos "reconquistando" a Hispania, Portugal --e a sua língua-- naceron como unha província galega, logo como reino independente tras separacións e herdanzas... Mentres os portuguese se espallaron polo mundo con galeóns, pólvora e comércio, os galegos o fixemos con emigrantes, fame e soidades (ou 'morriña', que é mais familiar)... Se o portugués, fermoso, musical, tan familiar (home, logo!), se fala en Brasil, Mozambique e tantos outros sítios, o galego se fala en Santiago de Cuba, na Habana, en Buenos Aires, en Xinebra...

Este momento no que os fillos da democrácia estamos, falamos, lemos, escrebemos, ouvimos, vivimos galego, en galego, incluso fora da terra, é o noso momento: nosa é a tarefa de levar a língua aos nosos fillos, de que non somentes viva, mas que sobreviva, que contribua coa sua particular riqueza à História Universal, à Literatura Universal, como fixera, como fai... Eu usarei as miñas armas, a pluma, a mente e o corazón; e as miñas modestas forzas e enxénio para facé-lo.

Animo, dende aqui, aos xóvenes e vellos, que se unan no esforzo: ningunha língua, por pequena que sexa, merece desaparecer sen loitar, sen pegar un berro de indignación pola indiferéncia dos poderes económicos dos fortes, que impón as suas línguas ou deixan que sexan impostas polo Poderoso Cabaleiro...

En fin, viva a língua, viva a cultura, e vivan as xentes galegas: tontos como somos, perduraremos por honrados e auténticos...

A modo de despedida, deixo-vos a letra do himno de Galícia (en galego a Galiza, en portugués a Galiça, mas na pobre língua asoballada nosa, a Galícia, asi como o "galego" é un préstamo lingüístico do portugués, e nós lle decimos "gallego"). Queixumes dos pinos foi publicado o 22 de maio de 1890, como colaboración entre Pombal e o maestro Pascual Veiga, que pós a música.

Este é o texto orixinal, extraido da Wikipedia en galego, e tamén en castelán (irónico, eh? Claro que considerando que o galego tamén é español, quizáis non tanto...), hoxe en dia é un pouco diferente, mas o senso é o mesmo. O himno oficial é a primeira metade do poema.

É difícil expresar só con palabras a profundidade coa que este poema toca o meu ser, asi que non direi mais.


Queixumes dos pinos
Eduardo Pombal e Pascual Veiga, 1860

Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó rayo trasparente,
Do prácido luar...?
Que din as altas copas
D'escuro arume arpado,
Co seu ben compasado,
Monótono fungar...?

Do teu verdor cingido,
É de benígnos astros,
Confin dos verdes castros,
E valeroso clán,
Non dés a esquecemento,
Da injuria o rudo encono;
Despérta do teu sono,
Fogar de Breogán.

Os boos e generosos,
A nosa voz entenden;
E con arroubo atenden,
O noso rouco son;
Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non.

Os tempos son chegados,
Dos bardos das edades,
Q'as vosas vaguedades,
Cumprido fin terán;
Pois donde quer gigante,
A nosa voz pregóa,
A redenzón da bóa
Nazón de Breogán.


KALLISTI!

2 comments:

Pacal said...

My Landlord and Landlady come from Galicia. Both from the area just north of Vigo.

I wonder do you happen to know any books in english that give a overview of the history of Galicia and the Kingdom of Leon. Its my understanding that most of Galicia was occuppied by the Moors for about a century before being reconquered c. 850 C.E. But aside from that and a few other facts I know very little about the history of Galicia and Leon.

On a completley different note I was interested in finding out that Isabella and Fredinand (The "Catholic Kings") were apparently, for the throne of Castile, out and out usurpers. Since both of them make my blood boil. I.e., their atrocities and crimes combined with a most disgusting display of holier than thou sanctimoniusness. Considering the times the atrocities are all too typical but the religious sanctimoniousness surounding them make me want to vomit. Oh and Ferdinand's treatment of his daughter Juana the "mad" is unplesantly revealing about Ferdinand.

Sorry for the rant but recently I read an article that postively reeked of worship if the pair.

I do hope your doing well. I would like an update on your writing projects.

Pierre

Excalibor said...

Pierre,

I'm not aware of any English books about Galicia and its History, but I'll look around and see if I find something...

The Moors were, indeed, in Galicia, most notably al-Mansur, the famous general, who's supposed to have robbed the bells of Santiago de Compostela cathedral... However, their presence was anecdotical, and I'm not aware of any settlements for any period of time... They did establish themselves in Southern Gallaecia, though, near Braga and Porto, but the Lucense Gallaecia was mostly raided and that's all.

I'm not sure about Ferdinand of Aragon, but Isabel was certainly from a lateral branch, and did fight against María "la Beltraneja" for the Castilian throne... The Galician nobility supported María, alas, she did lose and, to some extent, we all did. Anyway... The "Catholic Kings" did many things that, from the distance, look really stupid (like throwing away Jews and Moors, which basically moved lots of specialized labour and money away from Spain) and outright wrong (massive forced conversions, wars everywhere, and in Ferdinand's case, allowing the first expeditions to America with 'bloody', gold-seeking intentions...) from our current ethical standards (not that our current world leaders do anything different, though).

As for myself, doing well, thanks, hope everything's going OK overseas... As for my writing, it's kind of stopped until my Irish exam next month... Once I go over it, I'll re-take The Libyan and will try to finish the story of Inaros's and his failed rebellion...

I'll let you know!